X Encontros Galegos de Terapia Familiar

A Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia organiza os X Encontros Galegos de Terapia Familiar que terán lugar o sábado 1 de abril de 2017 no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Nesta ocasión pretendemos que os X Encontros sexan un espazo para compartir experiencias e todo aquilo que desexes dar a coñecer aos demais asociados/as. Por iso, este ano o programa depende de vós, coa presentación de comunicacións. Se xa tes a túa, envíanola a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. (título, resumo e duración aproximada).

Lembra que para os/as asociados/as que estean ao corrente de pago os X Encontros son de balde. Tamén para os membros das asociacións federadas de Terapia Familiar. Para inscribirte, envía un correo electrónico coa ficha de inscrición.

Nestes X Encontros Galegos de Terapia Familiar buscamos "encontrarnos" e "reencontrarnos" con todos/as os/as asociados/as que acompañáchedes á ATFM durante estes 25 anos de existencia.

Tras a celebración das Asembleas de socios/as, celebraremos un xantar de confraternización sistémica no Monte da Condesa que nos gustaría compartir con todos/as os asociados/as.

Ás 16:00 h terá lugar o acto de recoñecemento aos anteriores presidentes e aos socios/as fundadores/as da ATFM para continuar despois coa presentación de máis comunicacións.

  • Lugar: Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía 
  • Enderezo: Rúa Xosé Mª Suárez Núñez s/n. Campus Vida    15782 Santiago de Compostela
  • Horario: De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:30 h (Acreditaranse 7 h de formación)
  • Non socios/as: 60 € e estudantes universitarios e desempregados/as: 40 €

Descarga abaixo o cartaz dos X Encontros Galegos de Terapia Familiar e a ficha de inscrición

PROGRAMA:

  • Conferencia: "ATFM: 25 anos de historia"
  • Presentación de comunicacións libres.
  • Asembleas Ordinaria e Extraordinaria de socios/as.
  • Xantar de celebración do 25 aniversario
  • Acto de recoñecemento aos presidentes/as e aos fundadores/as da ATFM
  • Presentación de comunicacións.
Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (2017-04-01_[GZ]_cartel copia.png)Cartaz X EncontrosCartaz X Encontros155 kB
Download this file (2017-04-01_[GZ]_ficha_de_inscripción.png)Ficha inscriciónFicha inscrición38 kB