XXXVIII Congreso Nacional de Terapia Familiar de la FEATF

O XXXVIII Congreso Nacional de Terapia Familiar da FEATF celebrarase en Cartagena os días 26, 27 e 28 de outubro no Auditorio y Palacio de Congresos El Batel. O tema deste Congreso será "Tratamientos actuales en Terapia Familiar. Conversaciones Singulares en Clave Sistémica".

A idea é ser un punto de encontro científico e didáctico sobre Terapia Familiar, para relacionarnos e contactar, para crear novos proxectos e seguir namorándonos da nosa profesión.
Para conseguilo dividimos o congreso en 6 plenarias, 4 mesas redondas, 14 talleres, comunicacións e pósteres.
As plenarias, con 6 temáticas diferentes, serán nesta ocasión de dous oradores/as que nos expoñerán como traballan, que lles funciona e que non. Conversarán, contestarán as túas preguntas e deixaranche a mochila chea de bos tratamentos.
As mesas redondas versan todas sobre violencia, temática que nos preocupa especialmente. Cada mesa estará composta por catro oradores/as experimentados/as que traballan en temas de violencia e ensinan a vencela. Teremos unha mesa de violencia na parella, outra de violencia filio-parental, outra de violencia cara á infancia e por último una de violencia nas aulas.
Tanto plenarias como mesas redondas contarán cun/ha entrevistador/a que con anterioridade poderán recibir as túas preguntas.
Os 14 talleres están por decidir e dependen das propostas que nos cheguen. O noso comité científico dará luz verde a aqueles que versen sobre Tratamentos Actuais en Terapia Familiar e de seguro que lles será complicado pois a calidade dos talleres que se presentan adoita ser alta.
Eliximos os faros porque nos representan como terapeutas familiares e xa sexa sós ou de dous en dous, guiamos ás familias para entrar sas e salvas no porto.

Para máis información, visita a web do Congreso aquí.

Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (DIPTICO-CNTF2017.pdf)Díptico Congreso 715 kB