A ATFM de Galicia organiza para o sábado 17 de xuño de 2017 a xornada Ferramentas sexolóxicas básicas para a Terapia a cargo de Penélope Alonso Vázquez, licenciada en psicoloxía pola USC, especialista en Sexoloxía no Incisex (universidade de Alcalá), trainning en Sexoloxía clínica en Biko Arloak (Bilbao), con consulta privada de sexoloxía desde 2005, secretaria da xunta directiva da Asociación Estatal de Profesionales de la Sexología (AEPS) e presidenta da Asociación Sexus.
- Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
-
Horario: Sábado de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
-
Prezo: Asociados, alumnos-socios, esudantes universitarios/as e desempregados 30 €. Resto: 60 €.
-
Descarga abaixo a ficha de inscrición
Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.
PROGRAMA
- Introdución ás nocións básicas da Sexoloxía Sustantiva.
- Conceptos centrais da Episteme Sexolóxica.
- A parella como eixo central da Terapia, modelo de atención baseado na Teoría de Parella.
- Abordaxe das dificultades eróticas máis comúns desde a perspectiva sexolóxica.
- Unha aproximación ás realidades das identidades sexuais e orientacións do desexo.
- Sexoloxía Clínica. Discusión de casos.