Xornada con Ben Furman

TERAPIA CENTRADA EN SOLUCIÓNS PARA NENOS, NENAS E ADOLESCENTES DO SÉCULO XXI

(En castellano, aquí)

A ATFM de Galicia organiza para o sábado 9 de setembro de 2017  a xornada "Estratexias en terapia centrada en solucións para os nenos, as nenas e os adolescentes do século XXI" co psiquiatra e psicoterapeuta finés Ben Furman na Facultade de Psicoloxía en Santiago de Compostela.

Ben Furman é un psiquiatra de renome internacional, recoñecido prestixio e moi requirido como formador e supervisor no campo da terapia  centrada en solucións. 

É autor de máis de 20 libros, moitos dos cales foron traducidos a diferentes linguas. Entre os seus libros máis coñecidos destaca o seu bestseller “Nunca es tarde para  una infancia feliz” e os seus dous libros sobre habilidades dos nenos (Kid´s Skills),  en España coñecidos como “Yo soy Capaz” os cales se converteron nun método moi popular en Finlandia para axudar a nenos e nenas a superar todo tipo de dificultades emocionais e condutuais.

Ademais, baseado nos mesmos  principios de “Yo soy capaz”, Ben Furman desenvolveu un programa de adestramento de 5 sesións breves para pais,  coidadores  e profesorado titulado “Habilidades dos nenos para pais” (Kid´s skills for parents).  O obxectivo é ofrecerlles  unhas ferramentas útiles para facer fronte aos desafíos e dificultades na educación e crianza dos nenos.  O programa busca familiarizar aos pais con fillos de 3 anos en diante, incluíndo adolescentes, nos principios básicos da Terapia Centrada en Solucións e as súas aplicacións para pais. 

Para máis información sobre o traballo de Ben Furman pódese consultar a súa páxina www.benfurman.com ou a específica acerca do seu programa de intervención terapéutica www.kidsskills.org. Existe, tamén, unha aplicación deste programa para móbiles e tablets e un libro dixital “Kid´s Skills in Action” que se pode conseguir a través de Amazon.

  • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
  • Horario: De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
  • Prezo: Asociados, alumnos-socios, estudantes universitarios/as e desempregados 40 €. Resto: 80 €.
  • Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Tríptico e ficha de inscrición en documento adxunto.

Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

 

Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (2017_09_09_triptico_GAL.pdf)Tríptico 346 kB
Download this file (ficha_de_inscripción.png)Ficha inscrición 34 kB