Presentación de El exilio del Mesías 24/02/2022

PAKMAN, M.: El exilio del Mesías. Buscando señales de vida en psicoterapia. Gedisa Editorial, 2022.

xoves 24 de febreiro ás 20:00 h a través da plataforma Zoom e Facebook Live, o psiquiatra Marcelo Pakman presentará o seu último libro que pecha a triloxía "El espectro y el signo" que iniciou en 2014 con "Texturas de la imaginación" e continuou en 2018 con "El sentido de lo justo", todos publicados pola editorial Gedisa. Esta triloxia artella dun modo clínico-teórico as consecuencias dun enfoque crítico e poético en psicoterapia.

Presentan, xunto ao autor:

  • Luis Torremocha Durán, psiquiatra e terapeuta familiar
  • María Jesús Arrojo Romero, psicóloga e supervisora docente
  • Salvatore Pace, filósofo, psicodramatista e psicoanalista.

Realiza a túa inscrición para a sesión en zoom: bit.ly/elexiliodelmesías.

O evento será transmitido desde Facebook.com/GedisaEditorial.

Esta presentación está patrocinada pola ATFM de Galicia, entre outras institucións.