SE TE ASOCIAS Á ATFM DE GALICIA CONTARÁS COAS SEGUINTES AVANTAXES:

  • Contacto con profesionais que comparten os teus mesmos intereses.
  • Información sobre eventos e actividades formativas relacionadas coa TF.
  • Taxas reducidas nas actividades organizadas pola ATFM de Galicia, por outras asociacións federadas e pola FEATF.
  • Recepción domiciliaria de Mosaico, a revista cuatrimestral da FEATF.
  • Previa comprobación dos requisitos estipulados, acceso as titulacións emitidas pola FEATF:Terapeuta Familiar, Experto en Intervencións Sistémicas e os niveis de docencia: Colaborador Docente, Docente e Supervisor Docente.
  • Unha vez acreditado/a, poderás formar parte do Rexistro Nacional de Psicoterapeutas  (RNP). 

PARA ASOCIARSE

Enviarase por correo electrónico escaneado á ATFM o Formulario de ingreso que deberá ir acompañado de:

  • Titulación académica universitaria relacionada coas Ciencias Sociais e da Saúde.
  • 100 horas de formación en terapia familiar (segundo establece no artigo 6º b dos Estatutos da ATFM de Galicia).
  • DNI ou NIE.
  • A Orde de domiciliación SEPA enviarase por correo postal.

No caso de estar en formación poderás asociarte en calidade de alumno/a-socio/a para o cal cómpre que envies xunto a anterior documentación:

  • Certificación da escola acreditada conforme se está matriculado nela (en lugar das 100 horas de formación en Terapia Familiar).

FORMA DE PAGO

No momento de asociarse deberán abonarse 65 € na conta da Asociación do Banco Sabadell que figura no formulario de inscrición:

IBAN ES55 0081 0499 6700 0181 8088 

Para os/as alumnos-socios a cota anual será de 35 €.

No caso de asociarse a partir do 1 de agosto a cota será de 6 € por mes.

A cota é anual e pasarase ao cobro durante o primeiro trimestre do ano mediante domiciliación bancaria.

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

Unha vez enviados por correo electrónico os Formularios de inscrición e a documentación requirida, a Xunta Directiva decidirá sobre a aceptación do/a novo/a socio/a na seguinte reunión a partir da recepción da solicitude de ingreso.

BAIXA NA ASOCIACIÓN

Para darse de baixa cómpre solicitalo por escrito enviando por correo electrónico á ATFM o Formulario de solicitude de baixaescaneado antes de finalizar o ano en curso.

Deberase ter en conta que o impago da cota anual así como a baixa da ATFM de Galicia implica a perda da acreditación como terapeuta familiar ou docente.

ACTUALIZACIÓN DE DATOS

Deberán enviarse nun correo electrónico á Secretaría da Asociación.