QUE É A MEDIACIÓN

En calquera faceta da vida humana pode xurdir, nalgún momento, unha diferenza de posicións entre persoas, grupos, institucións,... que desemboque nun conflito.

A mediación é un proceso no cal un profesional, o mediador, traballa en colaboración coas partes enfrontadas. A finalidade da mediación é axudar a que as partes cambien a relación entre elas e atopen puntos de acordo que resolvan as diferenzas de cara o futuro.

O eido familiar é un área na que se pode solicitar a intervención dun mediador/a, pois os conflitos poden xurdir en moitos momentos. Un exemplo frecuente é cando unha parella decide poñer fin a convivencia en común e quedan moitos aspectos por resolver, máis se hai menores implicados. Outras veces as herdanzas, as estancias dos netos cos avós, entre os irmás para cando os nosos maiores non poden valerse...

A mediación pode facilitar as cousas acortando os procedementos xudiciais e acadando que os protagonistas cheguen a acordos máis axustados e duradeiros non impostos por un terceiro (xuíz).