A ATFM de Galicia organiza para o sábado 20 de febreiro de 2021 o obradoiro "Conversas sobre a vida tras un intento suicida" co psicólogo peruano Jorge Ayala Salinas, a través da plataforma de vídeo conferencia Zoom.

Jorge Ayala é licenciado en Psicoloxía Clínica e está especializado en Terapia Breve Centrada en Solucións. Leva máis de 14 anos exercendo como psicoterapeuta e docente cunha unha ampla experiencia impartindo formación, tanto presencial como en liña. É o fundador da comunidade de terapeutas centrados/as en solucións chamada Insoo (en honor a Insoo Kim Berg).
Sóavos o blog de “El Terapeuta Estúpido”? Adiviñade de quen é.
A Jorge podedes atopalo en moitas das redes sociais:
-Web: https://www.ayalajorge.com
-Instagram: https://www.instagram.com/quehasidolomasutil
-Facebook: https://www.facebook.com/jorgeayalapsicoterapeuta
PRESENTACIÓN DO OBRADOIRO
Galicia é a segunda comunidade con máis mortes por suicidio só por baixo de Asturias. De media en Galicia, case unha persoa ao día perde a vida pola súa propia man e é a segunda causa de morte non natural. Na última década, o número de mortes por suicidio nunca baixou das 300 persoas por ano.
Coñecer os principios prácticos da Terapia Breve Centrada en Solucións en situacións de intento ou risco suicida permítenos descubrir como aplicalos na conversación terapéutica usando diferentes ferramentas para construír solucións, creando esperanza e autonomía.
A pesar de que a crise nos orienta cara a unha historia de dor, a práctica centrada en solucións ensínanos a colaborar para que as persoas poidan descubrir os coñecementos, recursos e habilidades coas que responden á vida no presente, representando accións útiles para o futuro, afrontando a ideación suicida.
Neste obradoiro aprenderás a:
- Crear preguntas de afrontamento que descubran os coñecementos e habilidades máis útiles das persoas.
- Crear preguntas orientadas a construír un futuro desexado con esperanza.
- Enlazar cada pregunta coa última resposta do cliente.
- Centrarte na xestión da crise e non no seu afondamento.
- Usar o que a persoa trae e funciona.
- A importancia vital dos 10 primeiros minutos de conversación con persoas que loitan contra o desexo de morrer.
- Desenvolver unha indagación que fortalece a representación persoal dando o salto do “que anda mal e produce dor” ao “que anda ben e produce un coñecemento útil para a vida”.
- Crear unha conversación que dea un salto da crise á creatividade.
- Plataforma Zoom
- Horario: De 16:00 a 19:00 horas (hora española)
- Prezo: Asociados/as, alumnos/as-socios/as, estudantes universitarios/as e desempregados/as 10 €. Colexiados/as do COP de Galicia 15 €. Outros/as profesionais: 20 €.
- Prazo: Ata o 16 de febreiro ou ata completar o aforo (90 prazas).
- Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
- Ficha de inscrición editable en documento adxunto.
Certificaranse 3 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.
VÍDEO DE JORGE AYALA