A Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as terá lugar o vindeiro día 14 de decembro ás 13:00 h en primeira convocatoria e ás 13:15 horas en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:
1º Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2º Informe do presidente.
3º Presentación e aprobación, se procede, das contas dos exercicios 2019 e 2020, e estudo e aprobación, se procede, do orzamento para 2021.
4º Informe da secretaria.
5º Informe das XXXIX Jornadas de Terapia Familiar celebradas en Santiago de Compostela.
6º Propostas e suxestións.
Por motivos sanitarios, a Asemblea celebrarase a través da plataforma Zoom, debendo inscribirse previamente enviando un correo a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..
A continuación celebrarase a Asemblea Extraordinaria de socios/as co único punto da orde do día:
1º Proclamación da candidatura presentada á Xunta Directiva da Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia.