Bibliografías - atfmgalicia.org

  • Anatomía de una epidemia. Medicamentos psiquiátricos y el asombroso aumento de las enfermedades mentales

    WHITAKER, R.: Anatomía de una epidemia. Medicamentos psiquiátricos y el asombroso aumento de las enfermedades mentales. Capitán Swing, 2015.

    Cando o galardoado xornalista científico Robert Whitaker decatouse de que entre 1987 e 2007 o número de pacientes con discapacidade por enfermidade mental case se triplicara, en paralelo a un espectacular aumento na produción de fármacos psiquiátricos, comezou a reflexionar.

    Parece como se estes psicofármacos fosen “balas máxicas” que deixan fóra de xogo á enfermidade mental, regresando aos pacientes ás filas da cidadanía produtiva. Pero numerosos estudos clínicos publicados hai máis de 50 anos en prestixiosas revistas científicas, revelaban unha anomalía sorprendente: en repetidas ocasións, as drogas psiquiátricas empeoran a enfermidade mental e disparan os riscos de dano hepático, de aumento de peso, de colesterol ou de azucre no sangue. Realmente non se sabe que causa a enfermidade mental, non hai cura ou tratamento paliativo que se atope nesas pílulas. As conclusións de Whitaker, tras examinar estes medicamentos a través do prisma dos resultados a longo prazo, expoñen o brutal engano dunha industria que move miles de millóns de euros.

  • Bibliografías

  • La Escuela de Palo Alto. Historia y evolución de las ideas esenciales

    JEAN-JACQUES WITTEZAELE y TERESA GARCÍA: La Escuela de Palo Alto. Historia y evolución de las ideas esenciales. Ed. Herder, 1997

    A escola de Palo Alto -un nome de resonancia hispánica- é famosa en todo o mundo. As súas achegas á investigación psicolóxica interesan a unha variada gama de profesionais: o especialista en comunicación atopa suxerentes orientacións nos traballos innovadores de Gregory Bateson, sistematizados e prolongados por Paul Watzlawick; o filósofo das ciencias inspírase no novo paradigma científico baseado na noción de información e nos conceptos xurdidos da cibernética; o terapeuta dáse conta de que case todas as correntes novas de terapia familiar e sistémica teñen as súas orixes, mais ou menos próximas, no traballo dos fundadores do Centro de terapia breve.
    Pódese afirmar que as ideas renovadoras elaboradas en Palo Alto desbordaron o marco estrito da súa orixe e propagáronse entre todos aqueles que, científica o profesionalmente, teñen que ver coa comunicación humana.
    É de sumo interese, por tanto, coñecer a historia e a evolución das ideas esenciais da escola de Palo Alto. É o que nos ofrecen JEAN-JACQUES WITTEZAELE e TERESA GARCÍA, autores deste libro nunha síntese clara de todas as vertentes que influíron no nacemento e desenvolvemento de tan prestixiosa escola.
  • More than miracles: The state of the art of solution-focused brief therapy

    De SHAZER, S., DOLAN, Y, KORMAN, H, KIM BERG, I, TREPPER, T. e McCOLUM, E.: More than miracles: The state of the art of solution-focused brief therapy. Routledge, 2005

    O psiquiatra sueco Harry Korman é coautor xunto con Steve De Shazer,Insoo Kim Beng e outros deste libro sobre a terapia breve centrada en solucións.

    Trátase dun libro intelectualmente provocativo coa revelación de novos avances na terapia breve centrada en solucións de terapeutas de familia de sona mundial como son Steve De Shazer e Insoo Kim Berg (quen faleceu pouco antes da publicación do libro).

    O libro está escrito a partir da observación de miles de horas de sesións de psicoterapia e o estudo das preguntas e respostas máis eficaces que axudan a que a xente desenvolva solucións aos seus problemas.

     

    KORMAN, H. and SÖDERQUIST, M.: Talk about a miracle! Co-operating with addicts and their networks, 1994

    Esta publicación aborda o traballo colaborativo dende a Terapia Centrada en Solucións con persoas drogodependentes. Facilitamos a continuación o enlace  para a súa lectura (en inglés).

  • Nunca es tarde para una infancia feliz

    FURMAN, B.: Nunca es tarde para una infancia feliz. Octaedro, Barcelona 2013.

    Ben Furman es psiquiatra y autoridad reconocida internacionalmente en la terapia que hace hincapié en los recursos en lugar de los fracasos, en las soluciones en lugar de los problemas. Además de enseñar esta terapia en Finlandia y en el resto de Escandinavia, ha impartido talleres en numerosos países de Europa, América, Asia y Oceanía, y sus libros se han traducido a varias lenguas.

    No hay nada como una infancia perfecta. Nuestro pasado es una historia a la que podemos acudir desde muy diferentes contextos, y este libro nos sugiere cómo convertir el pasado en un poderoso aliado.

    Porque nunca es tarde para una infancia feliz. Nunca podemos olvidarnos de nuestros ojos infantiles. De hecho, cuando se nos despierta la curiosidad y el deseo de crecimiento y aprendizaje empezamos a reconocer cosas de nuestro turbulento pasado. Entonces nos dejamos llevar por los problemas, cuestionándonos por qué no podemos ser felices… La clave no está en la búsqueda de alivio del estrés, de las dificultades, sino en situarnos en la circunstancia que nos transmita la alegría infantil

     

  • Palabras que permanecen, palabras por venir. Micropolítica y poética en psicoterapia

    PAKMAN, M: Palabras que permanecen, palabras por venir. Micropolítica y poética en psicoterapia. Ed Gedisa. Barcelona, 2011

    Hoxe en día o traballo do psicoterapeuta na sociedade occidental xa non é posible sen ter en conta dous conceptos fundamentais: a micropolítica e a poética. Para non quedar domesticado dentro dunha psicoterapia tecnocrática é necesario tomar distancia crítica das normas políticas que configuran ao individuo e as súas identidades, e sobre todo rescatar a singularidade da experiencia humana tal e como aparece en eventos poéticos, nos que se fai visible a raíz da linguaxe.

    Para presentar a súa posición, Marcelo Pakman reflexiona en profundidade, ao longo da obra, aspectos do pensamento de Foucault, Althusser, Gramsci, Badiou, Nancy, Derrida, Agamben, Levinas, Freud e Lacan, entre outros, para pensar a clínica psicoterapéutica dende unha novidosa perspectiva crítico-poética.

  • Presentación de El exilio del Mesías 24/02/2022

    PAKMAN, M.: El exilio del Mesías. Buscando señales de vida en psicoterapia. Gedisa Editorial, 2022.

    xoves 24 de febreiro ás 20:00 h a través da plataforma Zoom e Facebook Live, o psiquiatra Marcelo Pakman presentará o seu último libro que pecha a triloxía "El espectro y el signo" que iniciou en 2014 con "Texturas de la imaginación" e continuou en 2018 con "El sentido de lo justo", todos publicados pola editorial Gedisa. Esta triloxia artella dun modo clínico-teórico as consecuencias dun enfoque crítico e poético en psicoterapia.

    Presentan, xunto ao autor:

    • Luis Torremocha Durán, psiquiatra e terapeuta familiar
    • María Jesús Arrojo Romero, psicóloga e supervisora docente
    • Salvatore Pace, filósofo, psicodramatista e psicoanalista.

    Realiza a túa inscrición para a sesión en zoom: bit.ly/elexiliodelmesías.

    O evento será transmitido desde Facebook.com/GedisaEditorial.

    Esta presentación está patrocinada pola ATFM de Galicia, entre outras institucións.

     

     

  • Referencias clásicas

    • BATESON, G.: Espíritu y naturaleza. Amorrortu, Buenos Aires, 1981.
    • BERTALANFFY, Ludvig Von: Teoría general de sistemas. FCE. México, 1976.
    • EPSTON, D.: "Obras escogidas". Barcelona, Gedisa, 1.994
    • FISCH, R., WEAKLAND, JH. y SEGAL, L: "La táctica del cambio. Cómo abreviar la terapia". Herder, Barcelona.
    • HALEY, J: "Terapia no convencional. Las técnicas psiquiátricas de Milton H. Erickson". Amorrortu, Buenos Aires.
    • HALEY, J: "Terapia para resolver problemas". Amorrortu, Buenos Aires.
    • MINUCHIN, S.: "Familias y terapia familiar". Gedisa, Barcelona.
    • MINUCHIN, S. y FISHMAN, H.Ch.: "Técnicas de terapia familiar". Paidós, Barcelona.
    • O' HANLON, W. H.: "Raíces profundas. Principios básicos de la terapia y de la hipnosis de Milton Erickson". Paidós, Buenos Aires.
    • PAKMAN, M. (Comp).: "Construcciones de la experiencia humana" (vol. 1). Barcelona, Gedisa, 1.996.
    • PAKMAN, M. (Co'mp.): "Construcciones de la experiencia humana" (vol. Il). Barcelona, Gedisa, 1.997.
    • SELEKMAN, M.: "Abrir caminos para el cambio. Soluciones de terapia breve para adolescentes con problemas". Barcelona, Gedisa, 1.996.
    • SELVINI, M. (comp.): "Crónica de una investigación. La evolución de la terapia familiar en la obra de Mara Selvini Palazzoli". Paidós, Barcelona.
    • SHAZER, S. de: "Claves para la solución en terapia breve". Paidós, Buenos Aires.
    • SHAZER, S. de: "Pautas de terapia familiar breve. Un enfoque ecosistémico". Paidós, Buenos Aires.
    • SHAZER, S. de:"Claves en psicoterapia breve. Una teoría de la solución". Gedisa, Buenos Aires.
    • WATZLAWICK, P (comp.): "La realidad inventada". Gedisa, Buenos Aires.
    • WATZLAWICK, P., BEAVIN, J. H. Y ]ACKSON, D. D.: "Teoría de la comunicación humana". Herder, Barcelona. 1981
    • WATZLAWICK, P.y otros: "Cambio". Herder, Barcelona.
    • WHITE, M.: "Guías para una terapia familiar sistémica". Barcelona, Gedisa, 1.994.
    • WHITE, M. Y EPSTON, D.: "Medios narrativos para fines terapéuticos". Barcelona, Paidós, 1.993.
    • ZEIG: Un Seminario Didáctico con Milton Erickson. Amorrortu.
  • Sonríe o muere: Trampa del pensamiento positivo

    BÁRBARA EHRENREICH: Sonríe o muere: Trampa del pensamiento positivo, Ed. Turner. Barcelona, 2011

    Un libro necesario para entender moitos aspectos psicolóxicos da crise económica e social que vivimos. Un ataque á cultura do "eu o valgo". Unha chamada á prudencia, á responsabilidade individual e colectiva, e contra o pensamento máxico que popularizou a autoaxuda nos últimos anos. Escrito por unha das autoras máis respectadas e carismáticas de Estados Unidos. Este libro suscitou unha interesante controversia e está tendo un gran éxito nas súas edicións estadounidense, británica e alemana.

    Ademais, podes descargarte os argumentos de Bárbara Ehrenreich contra o pensamento positivo obrigatorio dende aquí .

  • SuperHumanos

    AYASO MONTEAGUDO, P. y VÁZQUEZ PIÑEIRO, J.: SuperHumanos, Ed. Invisibles, 2012

    O noso compañeiro Jorge Vázquez Piñeiro é coautor do libro recentemente publicado SuperHumanos: Cómo descubrir tus potencialidades ocultas y ponerlas al servicio de un mundo mejor.

    A súa proposta pasa por que deixemos de poñernos límites e superemos todas as nosas dificultades para o cal os autores nos dan as ferramentas necesarias para desenvolver todas as potencialidades que hai en cada un de nós, para levar unha vida de SuperHumanos (SpH).

  • Terapia familiar breve. Guía para sistematizar el tratamiento

    RODRÍGUEZ-ARIAS, J.L. y VENERO, M.: Terapia familiar breve. Guía para sistematizar el tratamiento. Ed CCS. Madrid, 2006

    A avaliación de resultados segue sendo un requisito ético para quen exerce a psicoterapia. Nos inicios do século XXI non se pode ofrecer á poboación uns servizos psicolóxicos de eficacia descoñecida.

    Neste libro o lector atopará unha serie de protocolos que lle axuden a sistematizar o tratamento psicoterapéutico que aplica. Con elo ofrécese unha guía para organizar a información de tal xeito que se facilite, por unha banda, a toma de decisións clínicas que teñen lugar durante o proceso psicoterapéutico e, por outra, a avaliación dos resultados que con el se obteñen.

    Os autores describen o traballo clínico que practican. A súa intención, declaran, é que o profesional non perda o tempo nas decisións de proceso e dispoñer así de máis tempo para entrar en relación cos destinatarios do seu traballo, dando lugar a unha conversación terapéutica relaxada.

  • Volviendo a la normalidad. La invención del TDAH y del trastorno bipolar infantil

    GARCÍA DE VINUESA, F, GONZÁLEZ PARDO, H e PÉREZ ÁLVAREZ, M.: Volviendo a la normalidad. La invención del TDAH y del trastorno bipolar infantil. Alianza Editorial. Marzo 2014.

    O psicólogo clínico e Catedrático no Departamento de Psicoloxía da Universidade de Oviedo, Marino Pérez Álvarez, é coautor deste interesante libro sobre a invención de trastornos mentais na infancia.

    Algúns problemas que teñen os adultos coa atención, a actividade e o humor dos nenos están a ser capitalizados pola industria farmacéutica como dianas para a comercialización de medicamentos, sobre o suposto de que son enfermidades cerebrais. Referímonos, en particular, ao TDAH e ao trastorno bipolar infantil de recente lanzamento.

    Está claro que educar aos nenos é moito máis complicado do que se pensa e que o seu comportamento supón un reto tanto para as súas familias como para os seus educadores.

  • Yo soy capaz

    FURMAN, B.: Yo soy capaz

    Ben Furman es psiquiatra y autoridad reconocida internacionalmente en la terapia que hace hincapié en los recursos en lugar de los fracasos, en las soluciones en lugar de los problemas. Además de enseñar esta terapia en Finlandia y en el resto de Escandinavia, ha impartido talleres en numerosos países de Europa, América, Asia y Oceanía, y sus libros se han traducido a varias lenguas.

    Yo Soy Capaz es un método para ayudar a los niños a desarrollar habilidades y superar problemas. El método está basado en la terapia breve centrada en las soluciones y ha sido desarrollado en el Instituto de Terapia Breve en Helsinki por el psiquiatra Ben Furman y sus colaboradores.

    Yo Soy Capaz está dirigido a niños de cuatro años en adelante. La idea de este método es que llegue a un acuerdo con el niño para aprender una habilidad y después use el programa para motivar y ayudar al niño a aprender o mejorar esta habilidad.

    Los escalones de la Responsabilidad

    Carta de Disculpa